| CONVOCATORIA DE PRAZAS DE RESIDENCIA NOS CENTROS RESIDENCIAS DOCENTES DA CORUÑA, OURENSE E VIGO PARA CURSAR ESTUDOS DE ENSINANZAS NON UNIVERSITARIAS NO PRÓXIMO CURSO 2011/2012. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca prazas nos centros residenciais docentes para alumnado que curse ensinanzas postobrigatorias non universitarias no curso 2011/2012. A quen se dirixen: Ciclos Formativos Superiores, Ciclos Formativos Medios, Bacharelatos, cando na súa localidade de residencia habitual, ou nunha localidade próxima, non houbera un centro sostido con fondos públicos que imparta os devanditos estudos. Con carácter particular, e documentalmente acreditado, poderanse ter en conta outras circunstancias, como condicións de orfandade, fillo de emigrantes ou situacións familiares graves. Requisitos académicos - Reuni-los requisitos esixidos pola lexislación académica para acceder ó curso que se solicite. - Ser admitido nun centro de Vigo. Por ter concedida praza nesta residencia, previamente e con carácter provisional, a certificación entregada polo Centro Residencial Docente, terá o mesmo valor que a certificación de empadroamento do Concello de Vigo como puntuación por proximidade de domicilio para ser admitido nun destes centros. - Non ter máis de dúas materias pendientes. Non se concederá praza de residencia para repetir curso. Valoraranse as condicións socioeconómicas e académicas: renda familiar, composición do grupo familiar, condición de orfandade, outras condicións familiares, número de habitantes do lugar da residencia familiar, nota media... Prazo: un mes contado a partir do día 13/05/2011. |
Este blog e para informar os compañeiros da guarda sobre as novidades de actualidade.
lunes, 16 de mayo de 2011
Convocatoria de prazas de residencia para cursar estudos de ensinanza non universitaria
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario